NOVIDADES


home servizo técnico email
Buscar
ESTADO PEDIDO ANULAR PEDIDO PRIVACIDADE DE DATOS UPS TRACKING VER PEDIDO COMO PAGAR ZONA VIP
Condicións Xerais

As presentes condicións xerais de contratación aplícanse a todas as transaccións comerciais realizadas na nosa tenda virtual, www.electronicasuiza.com , dominio do que é titular : 

Electrónica Suiza Hispania SL ,legalmente constituída en España, provista de CIF : B-27285089 

1. Identificación 

www.electronicasuiza.com é unha unidade de negocio pertencente a Electrónica Suiza Hispania SL , provisto de CIF B-27285089, domiciliado na rúa Mallorca 18 baixo, 27003 Lugo. Calquera comunicación pódese dirixir ó domicilio social, ó teléfono 902195918 ou á dirección de correo electrónico webmaster@electronicasuiza.com.

2. Actividade 

Electrónica Suiza dedícase á venta a distancia, preferentemente por internet, de Compoñentes Electrónicos e Accesorios de Satélite. 

3. Contidos e información suministrada no website 

Electrónica Suiza Hispania SL resérvase o dereito a modificar a oferta comercial presentada no website (modificacións sobre produtos, prezos, promocións e outras condicións comerciais e de servizo) en calquera momento. Electrónica Suiza Hispania SL fai todos os esforzos, dentro dos seus medios, para ofrecer a información do website de forma veraz e sen erros tipográficos. No caso de que en algún momento se producise un erro de ese tipo, alleo, en todo caso, á vontade de Electrónica Suiza Hispania SL, farase inmediatamente a súa corrección. De existir un erro tipográfico en algún dos prezos mostrados e algún cliente tomara unha decisión de compra basada en ese erro, Electrónica Suiza Hispania SL comunicarallo ó cliente e terá dereito a rescindir a súa compra sen ningún custo polo súa parte. Os fabricantes dos equipos resérvasen o dereito a modificar as características ,embalaxes e cores dos produtos , sen previo aviso. 

Os contidos do sitio Web www.electronicasuiza.com poden, en ocasións, mostrar información provisional sobre algúns produtos. No caso de que a información facilitada non corresponda ás características do produto, o cliente terá dereito a rescindir a súa compra sen ningún custo pola súa parte. 

Electrónica Suiza Hispania SL realizará os envíos dos produtos solicitados tendo en conta que as fotografías da Web son meramente informativas, debido a que os produtos se encontran en caixas pechadas e ata no ser utilizados poden lucir diferente, quedando Electrónica Suiza Hispania SL excluída de interpretacións erradas por parte do cliente. 

Electrónica Suiza Hispania SL non é responsable, nin directa nin indirectamente, de ningunha das informacións, contidos, afirmacións e expresións que conteñan os produtos comercializados por Electrónica Suiza Hispania SL . Esta responsabilidade recae, en todo momento, nos fabricantes ou distribuidores de estes produtos. O cliente entende que Electrónica Suiza Hispania SL é un mero intermediario entre él e este fabricante ou distribuidor. 

4. Sistema de venta. 

Para realizar unha compra, o usuario deberá cumplimentar o formulario existente e contiguo ó "carro da compra" e realizar o pago mediante calquera destes sistemas: 

• Tarxeta de crédito , Paypal, Transferencia bancaria e Contra reembolso 

5. Impostos aplicables. 

Os prezos dos produtos expostos na páxina Web: www.electronicasuiza.com, non incluen o Impuesto sobre o Valor Engadido (IVE) que, no seu caso, sexa procedente aplicar. 

As compras que sexan entregadas dentro do territorio de calquera dos estados membros da Unión Europea estarán suxeitas a IVE. 

As compras que sexan entregadas nos territorios de Estados non membros da Unión Europea, ou en Canarias, Ceuta ou Melilla estarán exentas de IVE. 

6. Forma de pago. 

Ó formular o pedido, o cliente pode elixir libremente pagar a compra que realice mediante tarxeta, paypal, transferencia bancaria, recollida en local de Electrónica Suiza Hispania SL (horario actual ,visible na web) e contra reembolso. En determinados casos, e para previr posibles fraudes, Electrónica Suiza Hispania SL resérvase a posibilidade de solicitar a un cliente unha forma de pago concreta no caso de que non se acredite correctamente a identidade do comprador. Electrónica Suiza Hispania SL resérvase o dereito a modificar as tarifas e as características dos produtos vixentes na nosa web , sen previo aviso. 

7. Forma, gastos e prazo de envío. 

O cliente poderá seleccionar a forma de envío de entre as posibles para a súa zona de residencia. Deberá ter en conta que os prazos de entrega, a calidade do servizo e o custo serán diferentes para cada transporte.

Electrónica Suiza Hispania SL envía os pedidos ós seus clientes a través de diferentes empresas de transporte urxente de recoñecido prestixio nacional e internacional. A data de entrega no domicilio do cliente depende da dispoñibilidade do produto escollido (amosada ó lado da característica do produto) e da zona de envío. Os prazos de transporte orientativos están dispoñibles no apartado da nosa web "carro da compra". Antes de confirmar o seu pedido informaráselle sobre os gastos de envío e prazos de transporte, ambos orientativos, que se aplican ó seu pedido en concreto. Non obstante, ambos poderán variar en función das circunstancias de cada pedido. En especial: 

                             • Os prazos de transporte pódense alterar por incidencias extraordinarias no transportista e por dificultades na entrega da mercadoría. 

                               • Os gastos de envío que aparecen na Web ó realizar o pedido son orientativos e calcúlanse en base a un peso estadístico. Electrónica Suiza Hispania SL resérvase o dereito a alterar os gastos de envío cando o peso solicitado varíe en máis/menos un 10% con respecto ó peso medio mencionado. No caso de producirse unha variación de precio, Electrónica Suiza Hispania SL comunicará por medio de correo electrónico ó cliente a variación e o cliente poderá optar por anular o seu pedido sen que se lle poida imputar ningún custo. 

8. Dereitos do comprador e política de devolucións

Electrónica Suiza Hispania SL non garantiza a dispoñibilidade nin o prazo de entrega dos produtos que se ofrecen no sitio Web excepto a dos produtos nos que expresamente se cite un determinada garantía. O catálogo que se amosa é meramente orientativo xa que os fabricantes ou distribuidores non comunican anticipadamente as existencias nin garantizan os prazos de entrega. Esta situación impide a Electrónica Suiza Hispania SL a posibilidade de informar con exactitude ós seus clientes sobre a dispoñibilidade dos produtos así como a garantizar un prazo de entrega determinado que, en todo caso, dependerá do tempo que tarde o fabricante ou o distribuidor en suministrar o produto. Así, non obstante, no catálogo amosaranse aqueles produtos non dispoñibles cando esta situación conste efectivamente. 

Electrónica Suiza Hispania SL garantiza ós seus clientes a posibilidade de anular o seu pedido sen ningún custo, sempre que a anulación se comunique antes de que o pedido se poña a disposición do transportista para o envío. O cliente dispón dun prazo de dez días dende a recepción do pedido para resolver o contrato e facer a devolución do produto comprado. 

O cliente comunicará a Electrónica Suiza Hispania SL dentro do prazo estipulado, e por calquera medio admitido en dereito, o seu desexo de resolver o contrato. O pedido devolto , debe chegar co albarán de entrega e a factura emitida por Electrónica Suiza Hispania SL , correndo o cliente cos custos da devolución. 

O cliente poderá devolver calquera artigo que compre en Electrónica Suiza Hispania SL, sempre e cando os produtos non foses abertos nin usados e conserven o seu precinto e embalaxe orixinal, exceptuando os casos de mercadoría defectuosa. 

Os clientes deberán abrir e revisar o correspondente paquete e comprobar os precintos e embalaxes para verificar que o material non sufriu danos e o contido é correcto. Caso de observar algunha incidencia na recepción do envío, deberá facela constar no Albarán de entrega do Transportista, devolver o paquete inmediatamente e comunicalo a Electrónica Suiza Hispania SL nas 24 horas seguintes. Electrónica Suiza Hispania SL non admitirá ningunha reclamación que non cumpra as normas anteriores. 

Nestos casos, Electrónica Suiza Hispania SL , devolverá o diñeiro da compra a través dun abono na tarxeta de crédito, mediante unha transferencia bancaria á conta indicada polo cliente ou mediante abono na conta persoal. 

Se un produto distinto ó solicitado polo cliente fora entregado por erro de Electrónica Suiza Hispania SL , este retirase e entregarase o correcto sen ningún cargo adicional para o comprador. 

Os receptores de satélite que comercializamos son deseñados polos fabricantes para uso exclusivo das canles libres. Electrónica Suiza Hispania SL non se responsabiliza de ningunha anomalía motivada por variacións de software (manipulación) ou calquera outra modificación interna de contidos, etc., estando reservados os dereitos de dominio polas distintas plataformas dixitais existentes no mercado, polo que Electrónica Suiza Hispania SL , só repara fallos radioeléctricos no receptor. 

Para calquera incidencia relacionada ca devolución de artigos da nosa tenda pode contactar co noso Departamento de Atención ó Cliente vía email: webmaster@electronicasuiza.com ou por teléfono 902 195918. 

9. Obrigas do cliente

O cliente de Electrónica Suiza Hispania SL comprométese en todo momento a facilitar información veraz sobre os datos solicitados nos formularios de rexistro de usuario ou de realización do pedido, e a mantelos actualizados. 

O cliente comprométese a aceptar todas as disposicións e condicións recollidas nas presentes Condicións Xerais de Contratación, entendendo que recollen a mellor vontade de servizo posible para o tipo de actividade que desenvolve Electrónica Suiza Hispania SL . 

O cliente comprométese a posibilitar a entrega do pedido solicitado facilitando unha dirección de entrega na que esté localizado, dentro do horario habitual de entrega de mercadorías (de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00). En caso de incumplimento por parte do cliente desta obriga, Electrónica Suiza Hispania SL non terá ningunha responsabilidade sobre o retraso ou imposibilidade de entrega do pedido solicitado polo cliente. 

10. Garantía 

Todas as informacións son ofrecidas o mellor posible e seguindo o proceso e aplicación dos nosos produtos, pero eso non exclue que o comprador teña coñecementos propios. 

Só se atenderán queixas dentro dos dez días seguintes á recepción da mercadoría por vicios ocultos tras a súa detección,ou faltas ocultas despois do descubremento. As faltas na funcionalidade dos artigos, debidas ás limitacións de concepción dos mesmos ,tamén se excluen da cobertura desta garantía. 

As reclamacións por posibles incidencias, como o producto que se entregue deteriorado, avariado, errado, ou por calquera outra causa susceptible de reclamación, trataranse da seguinte forma: - No caso de solicitar devolución do importe, o cliente debe remitir o producto a ES, no prazo dos 10 días posteriores á recepción do pedido e os custos de devolución, corren a cargo do cliente, (según Ley del 15/1/96 número 7/1996). - Se desexa a sustitución do producto, ES comprométese a entregar ó cliente outro produto en perfecto estado, en canto recibamos o produto defectuoso. 

A mercadoría defectuosa, devolverase ca nosa aprobación previa. As devolucións faranse ó noso domicilio e a cargo do cliente. O reenvío e sustitución ó cliente será sen cargo. 

ENVÍOS DEVOLTOS OU RECLAMACIÓNS PÓDENSE ENVIAR POR CORREOS A: 

Electrónica Suiza Hispania SL 

Rua MALLORCA 18 baixos 

27003 LUGO 

11.Seguridade e confidencialidade. 

Electrónica Suiza Hispania SL garantiza a seguridade e confidencialidade en todas as súas comunicacións cos seus clientes. 

Todas as operacións de pago on-line realízanse a través dun servidor seguro, basado no estándar SSL, que protexe os datos frente ós intentos de violación por terceiros. Os datos do proceso de compra gárdanse nunha base de datos deseñada para tal efecto. 

Electrónica Suiza Hispania SL garantiza a protección e confidencialidade dos datos personais, domiciliarios, de pago e de calquera outro tipo que nos proporcionen os nosos clientes segundo o disposto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal. 

Todos os datos facilitados polos nosos clientes a Electrónica Suiza Hispania SL ou ós seus empregados, incluiranse nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado e mantido baixo a responsabilidade de Electrónica Suiza Hispania SL , ca finalidade de atender e tramitar os pedidos dos mesmos de forma satisfactoria. 

En cumprimento do disposto no Art. 5 do mesmo precepto legal, os clientes de Electrónica Suiza Hispania SL poden, en todo momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os seus datos personais comunicándoo por escrito a sede de Electrónica Suiza Hispania SL , Rúa Mallorca 18 baixo - 27003 LUGO (España). 

No caso de que os datos suministrados estén asociados a unha compra, a legislación española obriganos a mantelos como mínimo cinco anos, polo que non se poderán borrar nin rectificar, pero si bloquear (cancelar), a pesar de que o cliente así o solicite. 

12. Lexislación aplicable e xurisdición competente

As compraventas feitas en Electrónica Suiza Hispania SL sométense á lexislación española. 

O acceso e navegación a través destas páginas supón a aceptación das presentes condicións e aviso legal.

Obxecto da web. 

Na presente páxina web encontrará información sobre as actividades, produtos e servizos que se desenvolven e comercializan dende electronicasuiza.com, segundo as condicións específicas que ó efecto se establezcan.

Novo Código Penal. 

Ós efectos do disposto nos artigos 248.3, 270 e 286 do Código Penal, modificado pola Lei Orgánica 15/2003, de 25 de novembro, infórmase de que, dende esta web, non se suministran dispositivos nin software para ser utilizados na comisión de fraudes contra o patrimonio ou contra a propiedade intelectual e industrial. Tampouco se suministra información sobre modos de conseguir accesos non autorizados, nin acceso a servicios de radiodifusión sonora ou televisiva, nin a interactivos prestados a distancia por vía electrónica, nin sobre o uso de dispositivos ou programas non autorizados en outro Estado membro da Unión Europea, deseñados ou adaptados para posibilitar este acceso, nin tampouco se incita a lograr estes accesos non autorizados a servizos de acceso condicionado ou equipos de telecomunicación. 

Uso da información suministrada. 

O usuario comprométese a facer un uso adecuado e lícito do sitio web, dos seus contidos, produtos e servizos, de conformidade ca Lexislación aplicable, polo que o usuario deberá absterse de facer un uso non autorizado ou fraudulento do website e/ou dos contidos, produtos e servizos, limitando o uso da información e produtos suministrados a fins lícitos tales como domésticos, educacionais ou de experimentación. 

Enlaces. 

O propietario do sitio web non se fai responsable de aqueles outros datos, sitios web ou arquivos ós que se acceda a través de enlaces (links) dispoñibles entre os seus contidos, dado que estas páxinas ou arquivos obxecto de enlace son responsabilidade dos seus respectivos titulares. Esta páxina, polo tanto, nin aproba, nin fai seus os produtos, servizos, contidos, información, datos, arquivos e calquera clase de material existente en tales páxinas web e non controla nin, de conformidade co disposto na LSSICE, se fai responsable da calidade, licitude, fiabilidade e utilidade da información, contidos, datos e servizos existentes nos sitios enlazados e que son alleos a esta páxina. No caso de que un órgano competente declare a ilicitude dos datos, ordenando a súa retirada ou que se imposibilite o acceso ós mesmos, ou declare a existencia de lesión, e nos notifiquen expresamente a correspondente resolución, os enlaces que se indiquen serán inmediatamente retirados.

Marcas. 

Nesta páxina menciónanse de forma indirecta e a nivel informativo algúns términos, como Galaxis, Mvsion, Neotion, etc., que constituen marcas rexistradas polos seus respectivos propietarios, sen facernos responsables da utilización inadecuada que fagan terceiras persoas respecto a estas marcas. 

ANEXO : 

Electrónica Suiza Hispania SL, declina toda responsabilidade sobre dereitos a terceiros, orixinados a partir da entrega do material. 

Non se cambiará nin abonará ningún produto,que fose manipulado polo cliente.Toda manipulación fai perder a garantía. Os circuitos integrados (chips) e tarxetas wafer (plástico) , non se cambiarán baixo ningún concepto. Os importadores de chips non dan garantía algunha sobre estes produtos. Por razóns obvias,eles no poden saber que uso se lles deu os mesmos. 

O usuario é plenamente responsable do uso que faga da información e os dispositivos accesibles directa o indirectamente dende esta páxina, sen que sexamos responsables dos eventuais danos que este uso ocasione no seu terminal. 

Ós efectos do disposto nos artigos 248.3, 270 e 286 do Código Penal, modificado pola Lei Orgánica 15/2003, de 25 de novembro, infórmase de que, dende esta web, non se suministran dispositivos nin software para ser utilizados na comisión de fraudes contra o patrimonio ou contra a propiedade intelectual e industrial. Tampouco se suministra información sobre modos de conseguir accesos non autorizados, nin acceso a servicios de radiodifusión sonora ou televisiva, nin a interactivos prestados a distancia por vía electrónica, nin sobre o uso de dispositivos ou programas non autorizados en outro Estado membro da Unión Europea, deseñados ou adaptados para posibilitar este acceso, nin tampouco se incita a lograr estes accesos non autorizados a servizos de acceso condicionado ou equipos de telecomunicación. 

O Usuario comprométese a facer un uso adecuado e lícito do sitio web, dos contidos, produtos e servizos, de conformidade coa Lexislación aplicable, limitando o uso da información e produtos suministrados a fines lícitos tales como domésticos, educacionais ou de experimentación, polo que o Usuario deberá absterse de facer un uso non autorizado ou fraudulento do website e/ou dos contidos ou produtos e servizos, con fines ou efectos ilícitos, especialmente dos mencionados nos párrafos anteriores ou os derivados dos compromisos que adquiriu cos suministradores dos seus equipos, responsabilizándose expresamente de calquera restrición de disposición que tivera sobre os mesmos e, particularmente, en relación co uso de videoconsolas comprométese a efectuar usos lícitos da mesma, tales como os derivados da utilización de software freeware (reproductores Divx, reproductores MP3 e aplicacións de libre distribución e uso), copias de seguridade (sempre e cuando sexa propietario do orixinal, tal e como tipifica a lei), xogos de importación orixinais e DVD-video de outras rexións orixinais 

O propietario do sitio web non se fai responsable de aqueles outros datos, sitios web ou arquivos ós que se acceda a través de enlaces (links) dispoñibles entre os seus contidos, dado que estas páxinas ou arquivos obxecto de enlace son responsabilidade dos seus respectivos titulares. Esta páxina, polo tanto, nin aproba, nin fai seus os produtos, servizos, contidos, información, datos, arquivos e calquera clase de material existente en tales páxinas web e non controla nin, de conformidade co disposto na LSSICE, se fai responsable da calidade, licitude, fiabilidade e utilidade da información, contidos, datos e servizos existentes nos sitios enlazados e que son alleos a esta páxina. 

No caso de que un órgano competente declare a ilicitude dos datos, ordenando a súa retirada ou que se imposibilite o acceso ós mesmos, ou declare a existencia de lesión, e nos notifiquen expresamente a correspondente resolución, os enlaces que se indiquen serán inmediatamente retirados. No caso de abonos a canles de adultos, ES no se fai responsable de cortes ou ceses de emisión por parte do operador correspondente, xa que é decisión do operador facer cambios de sistemas e/ou cortes por melloras técnicas si o cree necesario. O comprador acepta e asume esta circunstancia. 

 (c)copyright 2007  by ElectronicaSuiza.com

contacto | novidades | links | condicións xerais | busca satélites | alta definición | tdt
webmaster@electronicasuiza.com | aviso legal